Dic
5
Charla dos nenos da ESO en Ed. Infantil

Os nenos e nenas de 1º da ESO viñeron a visitar aos nenos de Ed.Infantil e explicáronlle as partes da célula animal e vexetal cunhos traballos moi orixinales. 

Dic
1
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Durante esta semana en Escolas Nieto participamos de forma activa no "día internacional da eliminación da violencia de xénero".

O 25 de novembro todos os alumnos da E.S.O. participaron no "Enlaza Vigo" e tamén recibimos a visita dunha experta na materia, a doutora Rosana Izquierdo Fernández que nos deu un taller maxistral titulado "Quéreme ben" que versou sobre a educación en igualdade e a desmitificación do mito romántico.

Preme en "ler máis" para ver as fotos de todos estes actos.

 

Nov
24
Como unha imaxe vale máis que mil palabras , un vídeo non ten prezo...comproba como celebramos o magosto!

Nov
22
Hoxe saímos no Faro de Vigo!

O Faro de Vigo ven de publicar na súa edición do martes 22 de novembro a visita que os alumnos e alumnas de 2º da E.S.O fixemos ás súas instalacións nas que nos mergullamos no máxico mundo do xornalismo.

alumnos/as de 2º da E.S.O. en Faro de Vigo

Nov
22
A gran festa do outono!!

O pasado venres os alumnos de Educación Infantil celebraron a gran festa do outono...O MAGOSTO!!!

© Escolas Nieto 2017