Jun
14
En Escolas Nieto traballamos a concentración con MindFlex

O Departamento de Orientación de Escolas Nieto partindo da máxima de tentar adaptar as metodoloxías ás características e particularidades do noso alumnado e co incansable empeño de tentar proporcinarlle os métodos e sistemas pedagóxicos máis avanzados aos nosos nenos e nenas incoroporamos o Mind Flex. Trátase dun xogo da coñecida marca Mattel, a mesma que fabrica as Barbies, co que traballamos as habilidades atencionais e de concentración. O dispositivo mide a actividade cerebral e en función do nivel desta a bola sobe ou baixa da plataforma.

Tedes máis información no seguinte enlace https://en.wikipedia.org/wiki/Mindflex

Ollade o vídeo e comprobade a destreza dos primeiros en probalo no cole, os nenos e nenas de 2º de E.P.

Jun
8
O NOSO HORTO, UNHA DESPENSA NATURAL

PARABÉNS, rapaces por tan boa colleita!!!

May
31
Unha eiruga moi larpeira

Os nenos e nenas de Educación Infantil estiveron traballando a metamorfose e que mellor que velo en persoa e ademais ter un conto para apoiar o proxecto. Durante o mes pasado presentámoslle o conto aos nenos/as, fixemos algunhas actividades e o mellor foi...que tiveron os gusanos de seda nas aulas, os cales limparon e alimentaron ao longo dos seus cambios!!

 

 

Premer en "ler máis" para ver as fotos.

May
30
De maior quero ser...

Coa motivo da graduación dos nenos e nenas de Educación Ifantil elaboramos na escola un vídeo-montaxe cos seus desexos de futuro.

Óllade que ben o fan!

May
25
O NOSO HORTO...

As plantas cultivadas no horto e que coidaron con agarimo os nenos de Primeiro e Segundo xa dan froitos.

 

© Escolas Nieto 2018