Ene
30
DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, como cada ano por esta mesma data celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Unha data realmente importante para a sociedade en xeral e para o ámbito educativo en particular.

O día Escolar da Non Violencia e a Paz, tamén coñecido polas siglas DENIP, é unha celebración que persegue fomentar, impulsar e respaldar unha educación en e para a tolerancia. Pero tamén unha educación en e para a concordia, a paz, a non violencia, a solidaridade e o respeto os Dereitos Humanos.

De aí que o lema desta conmemoración sexa "amor universal, non violencia e paz. O amor universal é mellor co egoismo, a non violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor ca guerra".

 Resultado de imagen de símbolos de l apaz

 

Para ver fotos e vídeos premer en "LER MÁIS"

Ene
29
VISITA AO CONCELLO DE VIGO

   Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria foron este martes 23 de xaneiro de visita o Concello de Vigo e os alumnos/as de 1º e 2º da ESO foron este xoves 25 de Xaneiro.

 No concello visitaron entre outros sitios o salón de plenos (contando alí coa presenza do señor alcalde), a sala de prensa, o laboratorio, a sala de tráfico e a escola de danza.

PARA VER MÁIS FOTOS PREMER EN "LER MÁIS"

Ene
26
CHARLA-COLOQUIOSOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA PARA OS ALUMNOS DA ESO.

 Este luns 22 de xaneiro os nosos alumnos de 1º,2º, 3º e 4º da ESO tiveron unha charla-coloquio organizada polo Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as. Neste acto participaron as exdeputadas María Xosé Porteiro García e María Olaia Fernández Davila.

 

 

Para ver mais fotos premer en "LER MÁIS"

Ene
22
Reforzar a Gratitud nos máis pequenos

 A fortaleza a traballar no colexio este trimestre é a GRATITUD. En Educación Infantil ímola a traballar a través do que nun primeiro momento parece unha simple caixa de cartón. Cada neno terá a súa e o primeiro paso,que era decorala, xa está feito!!(agradecemos ás familias a súa colaboración neste primeiro paso, as caixas quedarón moi bonitas).

 Esta caixa, de cando en vez,  irá e virá do colexio a casa. Irémola enchendo pouco a pouco de obxectos, fotos, debuxos,...cousas que lles lembren aos nenos momentos que foron gratificantes. 

 De momento mostrámosvos os nosos pequenos Recunchos da Gratitude.

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

Ene
19
Cumpreanos en Educación Infantil!!

En Educación Infantil cando un neno de calquera dos tres cursos está de cumpreanos facemos entre todos unha superfesta o venres de esa semana! Cantámoslle entre todos o cumpreanos feliz e os papas/mamas/avos... que queren mandan un biscoito o unha tarta e comémola entre todos a anaquiños!Somos unhos larpeiros!!!

Aqui vos deixamos as fotos dos cumpreanos celebrados o longo do primeiro trimestre!


 

Premer en "ler máis" para ver o resto das fotos.

 

 

© Escolas Nieto 2019