Feb
13
Entroido


Hoxe celebramos o entroido. Como tódolos anos fixemos un pase pola zona peatonal do Calvario, o clima acompañounos e os rapaces disfrutaron moitísimo.

A ledicia dos nenos/as coa festa que continuamos na Escola foi extraordinaria.

Grazas a tódolos pais/nais polo voso apoio na saída.

Podedes ver máis fotos en Leer Máis.

(As clases reanúdanse o xoves 19)

Feb
12
Semana das Ciencias

Participamos na Semana das Ciencias organizada pola Escola de Enxenería de Minas.

 

 

 

 

 

Feb
2
Día da PAZ na escola

     O venres 30 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Paz. Nesta data conmemoramos o asasinato de Gandhi, líder nacional e espiritual da India, no ano 1948.

     Para premiar aquelas persoas ou institucións que cada ano destacan pola súa contribución á paz, o Comité noruegués do Nóbel escolleu como última homenaxeada a Malala Yousafzai pola súa loita contra a opresión dos nenos e a súa defensa do dereito dos nenos a recibir educación.

     Os alumnos deste cole queremos manifestar a nosa repulsa a:

- as mentiras que non traen máis que problemas.

- o egoísmo que nos afecta a todos.

- a discriminación que nos divide en bandos.

- o machismo que causa moitas desgrazas.

- as guerras que destrozan moitas vidas.

     E queremos abrir as portas a:

- o respecto que mellora o mundo.

-a igualdade que fai que esteamos todos unidos.

- a amabilidade que sempre nos saca un sorriso.

- a Paz coa que vivimos tranquilos. 

Feb
2
Cantigas de Amigo

Na área de Lingua Galega traballamos as Cantigas medievais e estas son as que fixemos nós ...

Ene
23
Anduriña 106 e 108

Xa podedes descargar aquí as Anduriñas:

106 e 108 en Pdf.

© Escolas Nieto 2017