Oct
20
QUENTANDO MOTORES CO GALEGO NA ESO

     Este ano iniciamos as clases de Lingua Galega buscando información sobre

distintos aspectos da nosa cultura: festas, tradicións, músicas,

persoeiros destacados.... e con esa información imos facer uns

almanaques do ano 2017. Por certo, aprendemos algunhas cousas curiosas

como que en Galicia hai moitas festas , que o futbolín foi creado por un

galego (Alexandre de Fisterra), que en Betanzos fan un globo aerostático moi chulo, que hai moitas festas e moi variadas ,que en Galicia hai bos rapeiros, que "o 1º libro electrónico " é galego, que algúns youtubers tamén o son, que hai moitas festas, ou que en Viveiro hai unha árbore grandÍIIIsima...

Oct
20
CADERNO DE BITÁCORA

 

O pasado 14 de outubro tivemos no cole a visita da directora de cine Sara Traba que ven de estrear unha exitosa curtametraxe titulada "As vacas de Winsconsin". 

Sara contounos como é o proceso para facer unha peli, dende que se ten a idea ata que se estrea na grande pantalla.

Ademais unha das nosas mamás de 5º de Primaria deunos unha clase moi especial sobre as plantas.

Oct
18
SOMOS A ESO

 

Comezamos as clases de Biloxía estudando a célula.

Preme en "leer máis" e alucina coas nosas maquetas!!

Oct
13
Saímos no Faro de Vigo

 

 

 

     O domingo 9 de outubro o diario Faro de Vigo publicou unha pequena reportaxe sobre o fundador do noso cole.

      Botádelle unha ollada que seguro que atopades algunha curiosidade.

Oct
13
Damos a benvida ó outono

Os nenos de infantil dámoslle a benvida ó outono. Probamos os froitos maís característicos desta estación.

© Escolas Nieto 2019