Feb
4
ENTROIDO 2016

     O  día 1 de febreIro, os alumnos de 1ª da ESO, tivemos unha charla sobre os Merdeiros, uns personaxes curiosos do entroido galego algo descoñecidos  hoxe en día. Esta foi unha actividade realizada pola Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. As persoas que viñeron explicáronnos a orixe destes estraños personaxes: Os Merdeiros. Estes visten máscaras de cor rosa, feitas de papel e cartón xunto con camisas saídas por fóra, roupa tradicional e levan unha vara.

Ene
30
DÍA DA PAZ

     Hoxe celébrase o día da Paz, xa

 que nun día coma hoxe, no ano 1948, mataron a Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India quen, tras graduarse en dereito , loitou contra o colonialismo inglés na India.

     Para premiar aquelas persoas ou institucións que cada ano destacan pola súa contribución á Paz, creouse o Comité Noruegués do Nobel formado por cinco persoas escollidas polo parlamento de Noruega, encargados de seleccionar cada ano unha Institución ou persoa que destaque pola súa contribución á paz no mundo.

     Este ano o seleccionado para recibir tal galardón foi o Cuarteto de  Diálogo de Túnez pola súa decidida contribución a crear unha democracia plural nese país.

Dic
19
BO NADAL

O profesorado do centro, queremos desexar a toda a comunidade educativa un Nadal cheo de ledicia e un espléndido Aninovo.

 

Dic
17
O Nadal

    

Iniciamos un  Nadal  solidario  participando na Reno Parade na decoración de renos ....

 

Dic
16
Un ano máis

Asi chegamos ao 24 de novembro e como sempre alí estivemos… no centro de Vigo apoiando e participando na concentración  en contra da Violencia de xénero….

 

© Escolas Nieto 2018