Ene
26
RAQUEL QUEIZÁS VISITOU ESCOLAS NIETO

A semana pasada a actriz e contacontos Raquel Queizás (www.raquelqueizas.com) visitou aos máis pequenos do colexio que poideron desfrutar dun conto moi especial.

Preme en "ler máis" para ver máis fotos.

Ene
19
ALUMNOS E ALUMNAS DE ESCOLAS NIETO EN BALAÍDOS

Hoxe Vigo e o celtismo espertouse coa resaca da gran victoria colleitada  onte polo equipo celeste ante o Real Madrid e no seu propio estadio o Santiago Bernabeu.

Agardando que os de Berizzo poidan manter o resultado, desta volta na casa, en Balaídos, diante da afección celeste e deste xeito superar a eliminatoria de Copa do Rei, presentámosvos un vídeo da visita que os alumnos do cole fixeron ao estadio.

Xa sabes...se che gustou, preme!!

Ene
16
Día de antigos alumnos de Escolas Nieto adicado a Ana Burillo.

O pasado 18 de decembro celebramos en Escolas Nieto o día de antigos alumnos que este ano estivo adicado á figura de Ana Burillo, quen fora mestra e a primeira muller directora da institución.

Neste vídeo, a xeito de homenaxe póstuma, podemos coñecer parte da súa impronta no colexio a través dos testemuños de exalumnos e exmestras de Escolas Nieto.

Este acto aparece recollido tamén nas páxinas de Faro de Vigo.

Bótalle unha ollada e se che gusta non deixes de premer no botón.

 

PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO

 

Dic
26
Os nenos e nenas de Educación Infantil percorreron un longo camiño de sorpresas para recibir o Nadal.
Dic
20
Xa nos tardan o reis!!!

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso de Educación Primaria bríndanos esta fermosa panxoliña do grupo musical Mamá Cabra titulada "Xa me tardan".

© Escolas Nieto 2019