Mar
21
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. O curso pasado celebrámolo facendo un recital poético.
Este ano as circunstancias cambiaron pero a nosa sensibilidade poética é a mesma ou, se cadra, maior. Por iso, catro alumnos do cole Antía, Sabela e Andrea de 4° de ESO e David de 2° de ESO, imos agasallarvos neste día cun videopoema, ilustrado por David Cobas, ex alumno do cole.

 

Mar
19
DÍA DO PAI

Os máis cativos do cole queren agasallar a tódolos pais cuns contos moi bonitos.

Mar
16
PROGRAMA NÚMERO 3 DE RADIO ACTIVA (A RADIO DA NOSA ESCOLA)

Boas noites a tod@s, aínda que as cousas están como están a actividade da nosa escola non para, por iso, ainda que cun pouco de retraso, aí vos deixo co programa número 3 da nosa radio (RADIO ACTIVA). E estade atentos ó noso blog porque proximamente subiremos un programa moi especial en homenaxe ós precursores desta radio.

Mar
14
UN EXEMPLO PARA TODOS (YO ME QUEDO EN CASA)

Unha vez máis os mais cativos dannos unha lección de civismo e sentido común. Mirade este emotivo vídeo no que tamén sae unha das nosas alumnas. Gracias a Bicos de Papel polo seu labor tan bonito e a Carolina por ser unha nena tan valente e da que nos sentimos moi orgullosos.

#yomequedoencasa

Mar
9
FEIRA DE INICIATIVAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS

 Os alumn@s de 3 e 4 da Eso visitaron hoxe a feira no mar de Vigo, co obxectivo de obter información de cara o seu futuro profesional.

© Escolas Nieto 2020