Un grupo de alumnos de 6º de primaria participaron na ligamats dentro das
xornadas da XI edición de ima+xma, quedando clasificados para a segunda fase
que se celebrará o próximo mércores 11 de marzo.
Hoxe estiveron connosco na Escola Montse Fox e Carlos Veleiro, Carlos é o presentador de BUENOS VÍAS CHARLIE, programa de radio que se emite no 93.3 FM de 8:00h ata as 10:00h. de luns a venres.
Entrevistaron ós nenos e nenas de 2º de EP, para o seu Morning Show.
Hoxe algúns alumnos de 5º e 6º de E.P. e ESO participamos nun obradoiro de Matemáticas na Fundación Barrié de la Maza, na rúa Policarpo Sanz, onde fixemos diversos tipos de actividades: xogos de Tangram, xogos con cubos, solucións de problemas, ilusións ópticas etc.
Hoxe celebramos o entroido. Como tódolos anos fixemos un pase pola zona peatonal do Calvario, o clima acompañounos e os rapaces disfrutaron moitísimo.
A ledicia dos nenos/as coa festa que continuamos na Escola foi extraordinaria.
Grazas a tódolos pais/nais polo voso apoio na saída.
Podedes ver máis fotos en Leer Máis.
(As clases reanúdanse o xoves 19)