Mar
30
V EDICIÓN DA FEIRA DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS E PROFESIONAIS DE VIGO

O luns 25 de marzo os alumn@s de 3 e 4 de Eso realizaron unha saída pedagóxica á V Edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo no Hall do Auditorio Mar de Vigo.

Mar
29
GOT T*LENT ESCOLAS NIETO 2019

Hoxe celebrouse unha nova edición do noso concurso Got T*lent. Nel algúns d@s nos@s alumn@s mostraron algúns dos seus talentos, dos que podedes ver unha mostra no seguinte video. A gañadora deste ano foi ANTÍA de 4º EP, que levou un vale para compras no Decatlon.

 

Mar
25
4° POSTO NO CONCURSO DE MATEMÁTICAS LIGAMATS

Os alumnos de 3° da ESO conseguiron un 4° posto no concurso de matemáticas Ligamats. Noraboa rapaces e rapazas sodes un orgullo para o colexio.

Se queres ver outras fotos premer en "ler máis" 

Mar
21
DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe festexamos no noso colexio o día mundial da poesía, e non podía ser doutro xeito mais que recitandoa. No seguinte vídeo podedes ver cantos poetas e poetisas temos no cole:

 

Se queredes ver fotos premer en "ler máis".  

Mar
21
A CÁPSULA DO VALOR EN 1º E 2º EP

Neste 2º trimestre as fortalezas a traballar son a valentía e a perseverancia e a actividade que teñen que realizar os de primaria  é a da  cápsula do valor. Esta actividade consiste en introducir na nosa cápsula do valor, obxetos que nos permitan superar medos, enfrentarnos a retos e afrontar o noso día a día con ánimo (fotos, tarxetas, cartas, postales, debuxos, etc...). 

 

Se queredes ver fotos premer en "ler máis".

© Escolas Nieto 2019