Nov
7
A GAMIFICACIÓN CHEGOU A ESCOLAS NIETO

O martes día 5 de Novembro o noso alumnado de 3º de EP da man da súa mestra Eva e coa colaboración dalgúns dos pais voluntarios fixeron o primeiro escape room do colexio:

 

 

SE QUERES SABER ALGO MÁIS DE ESTE TIPO DE METODOLOXÍAS PREME EN "LER MÁIS".

 

 

Oct
29
HALLOWEEN XA CHEGOU A ESCOLAS NIETO 2019-2020

 

PARA PODER VER MÁIS COUSIÑAS PREME EN "LER MÁIS"

Oct
25
REINAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO COLEXIO

Onte día 24, celebraronse por toda a provincia distintas actividades para conmemorar o día Internacional das Bibliotecas e en Escolas Nieto non podíamos ser menos. No noso caso coincidíu coa reinauguración da nosa biblioteca, xa que decidiuse modernizala e convertila nun espazo dinamizador da vida do colexio. Na reinauguración contamos coa presenza de Pitiflor, unha peza fundamental do caracter dinamizador da Biblioteca xa que se trata dunha pequena bruxiña que se encargará de animar o alumnado a ler, escribir, cantar e ser felices. Pitiflor foi a encargada de explicar os nenos e nenas os cambios da biblioteca e as súas normas.

 

Oct
15
SAÍDA DOS ALUMNOS DE ESO O TEATRO:

O alumnado de ESO acudiu hoxe á representación da obra "A ritmo de golpes", posta en escena por Percuseve, grupo formado por estudantes de Secundaria de Murcia. A obra trata temas como a adicción ó mobil, o ciberbulling, a solidariedade e todo iso tendo a música como fío conductor.


{evento-titulo_es}

SE QUEREDES SABER ALGO MÁIS SOBRE A REPRESENTACIÓN PREMER EN "LER MÁIS"

Sep
24
DÍA MUNDIAL CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL E A TRATA DE PERSOAS

Onte, luns día 23 de setembro, foi o Día Mundial contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas e os alumnos de ESO dedicaron unha clase a informarse e debater sobre o tema. Un dos videos que visualizaron foi o seguinte:

Unha curtametraxe que nos axuda a entender de que trata este aberrante crime que viola os dereitos humanos e ameaza as persoas. Todos podemos ser vítimas. A loita contra a trata de persoas require o compromiso de todos.

 

© Escolas Nieto 2020