Feb
4
ENTROIDO 2016

  

OS ESTRAÑOS

     A comezos do século XX, no porto de Vigo, no Casco Vello, vivían moi preto da costa os mariñeiros e os labregos. Mentres os mariñeiros estaban a pescar en alta mar, os labregos estaban nas súas casas coidando do gando e, de cando en vez, baleirando os pozos negros. Os pozos negros eran os antigos “retretes” daquela época, no que se almacenaba os excrementos destes. Cando os mariñeiros volvían do mar, os labregos sempre lles dicían que lles deran as tripas dos peixes para fertilizar os seus cultivos. Os mariñeiros empezaron a chamarlles “Merdeiros”. A razón de porque lles chamaban así era porque entre o mal olor que soltaban despois de baleirar os pozos negros e o escabiche do peixe dicían que sempren andaban na merda. E a partir desa época empezaron todos a disfrazarse como eles.

 

  OS SALVAXES

 Dende o ano 1910, os habitantes de Vigo disfrazáronse deses personaxes

estraños do entroido, pero non da maneira que os coñecemos hoxe en día, senón dunha maneira distinta. Os Merdeiros eran unha representación dunhas persoas que se consideraban malas, egoístas, porcas… Entón os personaxes do entroido, tiñan que ser coma eles, pero sobre todo, foron salvaxes coa xente pois insultaban e pegaban coa vara que tiñan. A xente sentía pánico ó velos. Un tempo despois esta tradición suspendeuse. Os Merdeiros desta época eran moi distintos aos de hoxe en día pois non tiñan máscara.

 

A RECUPERACIÓN

     No ano 2006 quíxose  recuperar a tradición e conseguíuse grazas a Xerardo F. Santomé e á Asociación Cultural A Revolta e á Asociación de vecinos do Casco Vello e a Pancho Lapeña . Estes farían o deseño das máscaras rosas, as prendas tradicionais, camisas por fóra e esa vara alongada que os caracteriza. Os Merdeiros, agora non serían tan violentos como antaño aínda que insultan á xente e incluso lles botan fariña ás persoas ou mesmo  lles pegan cun porro, pero non serían ni por asomo máis ou igual de violentos cós de 1910. Os insultos dos Merdeiros teñen que ser respectados porque teñen que ser tomados como bromas. Aínda así, os Merdeiros non son moi coñecidos nin moi admirados pola xente, pero, ao fin e ao cabo, como moitos saberán, cada personaxe do entroido galego ten unha personalidade distinta, tanto física como psicolóxica. E isto é todo, esperamos que vos gustase, desexámosvos boas vacacións de entroido , seguide falando galego e, sobre todo… ¡Coidado cos Merdeiros!

 

© Escolas Nieto 2020