Mar
18
Falamos do holocausto

A cita foi o martes 15 en horario extraescolar de 16:30 a 17:30h, a charla coloquio estivo organizada por Carmen Izaguirre, profesora de Historia en 4º da ESO. En clase estaban tratando o tema da 2ª Guerra Mundial, e lle propuxo ós alumnos/as que lles parecería que lles explicase a parte dos campos de concentración unha filla de dúas persoas que o viviron.

 

 

Francis Papiernik, foi quen de trasladarnos efacernos chegar dun xeito moi cercano e sinxelo o que supuxo para os seus pais esa vivencia. Fixo un relato de 

como se coñeceron os seus pais buscando ás súas familias ó remate de Guerra, él o pai supervivente de Auschwitz, e a nai escapada e refuxiada pola represión Nazi na ocupación de París.

O desenvolvemento do coloquio foi moi instructivo, e ameno, así como emotivo. Francis intercalou relatos de partes do libro publicado polo seu pai Charles Papiernik. (Tendes a foto da portada no encabezado do artigo)

© Escolas Nieto 2021