Abr
29
VERBASFELICITACIÓNS

VERBAS A MIÑA NAI

 

Digoche agora, nai, estas razós

porque quero voltarche

aquelas verbas doces como o mel

que deprendin dos teus beizos

cando neno.

 

¡Non Teño, nai, a tua tenrura!

 

Eu, que ando empeñado

en ser poeta,

non teño verbas

doces,

sinxelas,

craras,

amorosas

como as verbas

con que  tí me arrolache,

miña nai.

 

Cecais sexa loucura

este tentar apreixar verbas amantes

pra che facer co elas un cantar.

 

Cecais

a vida probe que vivin

me secou a fonte da tenrura

e por eso estas verbas

son secas como seixos.

© Escolas Nieto 2020