Dic
5
O NOSO PINGÜINO VIAXA Á ANTÁRTIDA

  Dende a semana pasada, a Antártida é un continente menos descoñecido entre os nosos alumnos. Este acercamento foi gracias a Antonio Donis Quintairos, Capitán do Exército de terra, xa que é un dos participantes da “XXXI Campaña Antártica” que dará comezo a finales deste mes de decembro. (Dende a casa podedes seguir o Twitter “Campaña Antártica ET” e dende ahí podédesvos enterar de todo o que fan durante a súa viaxe)

  Contounos cousas moi interesantes como os tipos de fauna e flora que habitan alí e cándo habitan , xa que este continente só se pode visitar no verán austral que coincide con noso inverno debido a que cando alí e inverno alcánzanse temperaturas de 90 graos baixo cero. Ademais de esto tamén nos intentou concienciar do importante que e coidar o noso planeta, debemos mantelo limpio e sempre reciclar!!

  Por último e algo que lle fixo moita ilusión os nosos nenos e nenas e que entre os obxectivos desta campaña está a de poder apadrinar un pingüino. ¡¡Temos a posilidade de apadrinar un pingüino e ademais e gratis!! Aquí deixamos o enlace dende onde se poden facer os apadrinamentos:

http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/apadrinamiento/index.html

   Os nenos e nenas de Educación Infantil tamén quixeron participar de algunha maneira e regaláronlle a Antonio una manualidade dun pingüino para que o acompañe nesta aventura. 

¡QUE TEÑAS MOITA SORTE NESTA VIAXE E GRACIAS POLA VISITA E POR TODO O QUE NOS ENSINACHES!

 

  

 

  

 

  

     

 

 

 

 

© Escolas Nieto 2017