O alumnado de terceiro e cuarto de E.P. realizaron unha saída a Vitrasa o mércores 4 de abril, na cal o inspector de Vitrasa José Luis explicoulles varias cousas sobre a empresa: Os autobuses cos que contan, os seus tamaños, os anos que leva funcionando a empresa, a súa evolución e as melloras que tuveron os autobuses o longo deste tempo.
Tamén subiron o autobús turístico de dúas plantas e déronlles unha volta no vitrasa oruga. Visitaron a oficina onde levan o control dos diferentes autobuses que recorren a cidade e explicáronlles cómo se comunican cos conductores e lles informan do tráfico e incidencias que se poden atopar. Incluso puideron falar directamente cun deles.
Ademáis de todo isto tamén visitaron o taller onde lles ensinaron e explicaron como arranxan os autobuses.
Antes de rematar a visita convidáronnos a tomar uns refrescos e patatillas. Foi unha saída moi instructiva e divertida. Os alumn@s pasárono xenial.
Uns días máis tarde os nosos alumn@s saíron no suplemento de Faro de Vigo, máis concretamente o martes 10 de abril, como os primeiros alumnos en facer dita visita.