Abr
17
SAÍDA A CORUÑA DOS ALUMN@S DE 5º E 6º E.P. E DE 2º, 3º E 4º DA E.S.O.

Na Casa das Ciencias ademáis de visitar as exposicións científicas puideron ver o péndulo de Foucault, e manipular os diferentes experimentos físicos. Tamén puideron desfrutar dunha sesión no planetario no que descubriron o ceo cos seus propios ollos.

Na casa do home "Domus"  que é o primeiro museo interactivo do mundo adicado o ser humano, fixeron unha viaxe interactiva polo corpo humano, despertando a súa curiosidade ó divertirse e reflexionando mentres curioseaban. 

No acuario sumerxíronse no Atlántico mirando o océano como o capitán Nemo, coñecendo as focas, os tiburóns e os polbos. Descenderon ó Nautilus, unha sala mergullada no mar, e reviviron o soño de Xulio Verne en "20.000 leguas de viaxe submarina".O decorado desa sala recrea o gabinete do capitán Nemo, cunha música composta para esta sala, milleiros de peixes de 50 especies diferentes que nadaban ó seu redor. Tiburóns touro, aguias mariñas, meros e rodaballos viven neste tanque de máis de catro millóns de litros de auga.

 

 FOTOS DE 5º E 6º DE E.P.  (As 16 primeiras)                FOTOS DE 2º, 3º E 4º DA E.S.O. (As restantes)

© Escolas Nieto 2018