May
20
DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN ESCOLAS NIETO 2018

Ademáis das fotos se alguén quere saber un pouquiño máis sobre María Victoria Moreno Márquez pode ler o seguinte resumo da súa biografía:

María Victoria naceu en Cáceres en 1939.

Estudou en Barcelona e Madrid.

Traballou de profesora, escritora, tradutora e conferenciante.

Veu vivir a Pontevedra.

Amaba Galicia e a súa lingua.

Traballou como profesora en Lugo e Pontevedra.

Dirixiu a colección Árbore da editorial Galaxia.

A primeira publicación foi "Mar adiante".

Escribiu moitos libros para nenos e mozos: O Cataventos, Leonardo e os fontaneiros, guedellas de seda e liño.

Nos seus libros aparecen moitas nenas e animais protagonistas.

Finou en 2005.

 

 

 

© Escolas Nieto 2020