Oct
17
CHARLA DE SENSIBILIZACIÓN DA ONCE

Hoxe tivemos no noso colexio unha charla informativa e práctica de sensibilización ante a cegueira. Dúas persoas maravillosas quixeron compartir con todos nos a súa realidade e fixeron que algúns dos rapaces e rapazas, por un momento, experimentasen o que sinten na súa vida diaria. Marián e Mari explicáronnos con claridade algunhas cousas moi interesantes sobre a realidade dunha persoa cega, como por exemplo que nunca debemos tocar un can guía sen o consentimento do seu dono ou como guiar a unha persoa cega co noso corpo. O momento mais esperado por todos chegou cando Sekia, o can guía de Mari, mostrou os rapaces e rapazas as súas habilidades e por un momento todos puideron darlle uns agarimos.

© Escolas Nieto 2018