Nov
2
O SAMAÍN CHEGOU A ESCOLAS NIETO

A noite do 31 de outubro, comezaba o ano celta, marcaba a transición do outono ao inverno, do tempo das colleitas á estación sombría. Pero era tamén unha noite cargada de espiritualidade, xa que crían que nesta noite abría unha porta entre o mundo dos vivos e o dos defuntos. Así tiñan por costume tallar nabos ou cabazas e iluminalos cunha candea no seu interior, para encamiñar as ánimas perdidas nesta noite.

© Escolas Nieto 2018