Nov
10
A CASTAÑEIRA CHEGOU, E CON ELA O MAGOSTO

O MAGOSTO TRADICIONAL: CANTIGAS, ADIVIÑAS E REFRÁNS

Fai moitos anos habitaban en Europa uns poboadores chamados celtas que xa celebraban o magosto. Estaban situados nos paises que corresponden nos dias de hoxe con Galicia, Francia, Irlanda,Inglaterra e Paises Nórdicos. Crese que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o paso do verán ao outono; o remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior a carón do lume.

Era unha festa a que acudían tòdalas persoas dos poboados para celebrar así unha serie de ritos relacionados coa xustiza o dereito e a política. 

O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume, ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados, dándolles voltas cun pau ata que estén ben asadas. Mentres tanto, os demáis participantes da festa , buscaban un sitio axeitado para comelas.

A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes, cantos e contos. É común pintar a cara cós restos da fogueira e saltala para que dé boa sorte.

Cantábanse cantigas coma:

“Non chas quero non chas quero”

non chas quero castañas do teu magosto

non chas quero non chas quero

que me cheiran ao chamosco.

 

Adiviñas como:

“Unha cousiña cousa criada no monte, enxoita na casa e comese sin tasa.”

Refráns coma:

“A castaña no agosto quere arder, e no Setembro beber.”

“Temperá e a castaña, que por Setembro regaña.”

“A castaña e o besugo no febreiro non ten zugo”

 

FOTOS

 

 

 

© Escolas Nieto 2020