Feb
2
Cantigas de Amigo

  Meu querido amigo, meu querido amado

nas ribas do lago vin verte, meu namorado.

Faltou meu amigo.

 

Meu querido amado, meu querido amigo

non verte arráncame ata o sentido.

Faltou meu amigo.

 

Nas ribas do lago vin verte meu namorado

que ben cariño che teño, por ser meu amado.

Faltou meu amigo.

 

Non verte arráncame ata o sentido.

Cada vez que penso en ti, suspiro.

Faltou meu amigo.

 

Que ben cariño che teño, por ser meu amado.

Que contento me poño ao sentirte ao meu lado.

Faltou meu amigo.

 

Cada vez que penso en ti, suspiro

pois ninguén supera ao meu amigo.

Faltou meu amigo.

                    (Sheila Cajide, Noemí López, Martín Seijo, Javier Sotelo)

 

© Escolas Nieto 2019