Ene
30
DÍA DA PAZ

      Manifesto que lemos: 

 Os alumnos deste cole queremos manifestar a nosa repulsa:

- Ás mentiras que non traen máis que problemas.

- Ao egoísmo que, ás veces, nos domina a todos.

- Á discriminación que nos divide en bandos e nos debilita.

- Á violencia de xénero que destroza familias.

- Ás guerras que destrozan vidas.

- Ao racismo que nos separa.

- Ás inxustizas que crean desigualdades.

- Ao acoso escolar que destrúe infancias.

- A todas e cada una de formas de explotación.

- Á corrupción que saquea países.

- Ás drogas que anulan vidas.

- A calquera tipo de maltrato ambiental que mingua as posibilidades do noso planeta.

 

   E queremos abrir as portas:

- Ao respeto que mellora o mundo.

- Á igualdade que nos mantén unidos.

- A amabilidade que nos saca un sorriso.

- Á sinceridade que nos abre os ollos.

- Á axuda coa que creamos grandeza.

- Á ilusión que move montañas.

- E a paz coa que progresamos xuntos.

 

© Escolas Nieto 2020