Anduriña é a nosa revista escolar. Nace en novembro de 1970, daquela editaban un nº mensual o cal era redactado con máquina de escribir (co modelo Hispano Olivetti lexicon 80 de 1948, podedes ver un exemplar na entrada da Escola).
A revista constaba de varias seccións: colaboracións, enquisas, antigos alumnos, actividades escolares, a voz dos alumnos, lexislación educativa e entrevistas.
A maquetación e redacción da mesma estaba a cargo dos alumnos/as e mestres, era a voz do que acontecía na Escola.
Xa dende os inicios, Anduriña empregaba o Castelán e o Galego, como se pode comprobar xa no n°2 de decembro de 1970.
En 1981 foi rexistrada con Depósito Legal (VG-12-1981) e polo de agora sempre foi editada en papel, variando a periodicidade da súa publicación (mensual, trimestral, semestral).
Podedes ver nas imaxes que xuntamos a portada dos dous primeiros números de Anduriña.
Con ANDURIÑA 3.0, queremos achegar dunha maneira actual e dinámica o que acontece na Escola. Vai ser editada na nosa web polos nenos e nenas con axuda dos mestres. Polo de agora comenzaremos con artigos semanais e entrevistas, na que falaremos con diferentes persoeiros da educación e cultura.